Conferencia de Pablo Gallego Picard na Real Academia Galega de Belas Artes

O vindeiro martes 22 de setembro ás 19:30 horas dentro da programación dos “Martes das Artes” proseguirá o Ciclo de conferencias “Experiencias en arquitectura. Investigacións e realizacións recentes”, actividade coordinada polo arquitecto e académico Xosé Manuel Casabella López.

A conferencia titulada “Dous proxectos para traballo colectivo”, será impartida por Pablo Gallego Picard que presentará dous proxectos recentemente terminados polo noso estudo de arquitectura. A rehabilitación dunha Antiga Nave de Gran e a súa contorna para a Nova Sede de Corporación Hijos de Rivera, 2019-2025, de Manuel Gallego Jorreto e Pablo Gallego Picard, e as Oficinas Centrais para a nova Fábrica de Estrella Galicia en Morás, 2021-2026, por Pablo Gallego Picard.

A conferencia será Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.