Green Metric Ranking of World Universities e recetario de inverno da REUS

Información do séptima edición do Green Metric Ranking of World Universities e recetario de inverno da “Red Española de Universidades Saludables”
O Prof. Manuel Soto Castiñieras, Director da Oficina de Medio-Ambiente (OMA) da UDC, no contexto e coa colaboración de persoas, entre outras, do SAUE, da UDC Saudable, informa que a UDC presentouse por primeira vez ao Ranking Green Metric (Sustentabilidade Medioambiental) en 2016, acadando a posición 149 a nivel mundial de 516 universidades avaliadas (percentil 71), así como a posición nº 13 a nivel estatal, dun total de 27 universidades españolas participantes.

A Universidade de Indonesia (UI) publicou a séptima edición do Green Metric Ranking of World Universities. A clasificación compara os esforzos das universidades cara a sustentabilidade ambiental e as políticas de xestión respectuosas co ambiente. O ranking conta cunha participación crecente, pasando de 360 universidades en 2014 a 407 en 2015, e a 516 na última edición de 2016, pertencentes a 75 países diferentes.

A información do ranking organízase en seis categorías: infraestruturas, enerxía e cambio climático, xestión de residuos, uso da auga, transportes, e educación. A UDC destaca especialmente en educación (posición 47 a nivel mundial e 71,3% da puntuación máxima), e tamén en xestión de residuos (posición 126 e 73,7%), seguida de enerxía e cambio climático (posición 157 e 44,1%).

O ranking está encabezado pola Universidade de California Davis, e no nº 14 aparece a Autónoma de Barcelona. As outras universidades galegas situáronse nos lugares 234 (USC) e 321 (UVigo).

Parabéns¡ ao Prof. Manuel Soto e a OMA pola excelente labor realizada, a tódolos participantes e, moi especialmente, a tódolos membros da Comunidade UDC.