A Universidade de Indonesia (UI) publicou a séptima edición do Green Metric Ranking of World Universities. A clasificación compara os esforzos das universidades cara a sustentabilidade ambiental e as políticas de xestión respectuosas co ambiente. O ranking conta cunha participación crecente, pasando de 360 universidades en 2014 a 407 en 2015, e a 516 na última edición de 2016, pertencentes a 75 países diferentes.
A información do ranking organízase en seis categorías: infraestruturas, enerxía e cambio climático, xestión de residuos, uso da auga, transportes, e educación. A UDC destaca especialmente en educación (posición 47 a nivel mundial e 71,3% da puntuación máxima), e tamén en xestión de residuos (posición 126 e 73,7%), seguida de enerxía e cambio climático (posición 157 e 44,1%).
O ranking está encabezado pola Universidade de California Davis, e no nº 14 aparece a Autónoma de Barcelona. As outras universidades galegas situáronse nos lugares 234 (USC) e 321 (UVigo).