IACOBUS 2014

Entre os días 3 e 7 de marzo de 2014 celebrouse na cidade francesa de Clermont-Ferrand o Taller intensivo do Programa Iacobus: rehabilitar o Patrimonio europeo, que este ano cumpre a súa edición número 19. Os alumnos das Escolas de Arquitectura da Coruña (Galicia-España), Clermont-Ferrand (Auvernia-Francia) e Ratisbona (Baviera-Alemaña) están a traballar na rehabilitación dunha das antigas fábricas de coitelos Le Paquebot, situada sobre o río La Durolle, na vila francesa de Thiers. A presentación final desta reflexión sobre a rehabilitación do patrimonio industrial realizarase en Ratisbona a finais de maio, á que acudirán os alumnos do taller 6 da nosa Escola.

Coincidindo con este taller intensivo, inaugurouse na ENSACF unha exposición cos traballos desenvolvidos polos alumnos franceses na anterior edición do IACOBUS 2013 en Lugo, no entorno da muralla romana.

A viaxe dos 18 alumnos da ETSAC, acompañados dos seus profesores de Proxectos, c0ntemplou a visita aos  edificios de Saint Pierre en Firminy-Vert e La Tourette de Le rbusier, así como outros puntos da cidade de Lyon.

iacobus_03

iacobus_00

iacobus_01

iacobus_02