Informacion destinos mobilidade de estudos internacional 2014.15 e REQUISITOS ETSAC

**AVISO1: acábase de producir unha última actualización da lista de destinos que afecta ó número de plazas en Torino.

**AVISO2: a aplicación online impide distinguir claramente os destinos de Roma La Sapienza. Por ese motivo, consideraráse como destino único de 5 plazas e na adxudicación comezarase polas 3 da Facoltá di Architetura.
Achégase información relativa [susceptible de ser actualizada, verificar web ORI]  ós destinos ofertados para mobilidade 2014.15. Pódese consultar enlaces ás universidades, escolas, número de plazas ofertadas e duración das mesmas, enlaces web ás escolas e ós seus plans de estudos. Asimesmo aparecen comentarios que poden matizar a información xeral que ofrece a ORI en canto idioma ou se as plazas son específicamente para Grao ou plan en extinción.
A información está en constante actualización, polo que é recomendable acudir ás fontes das universidades de destino en todos os casos.
Salvo indicación expresa [PV, G], as plazas compartiranse para ambos plans de estudos, sendo os destinos repartidos segundo o número de solicitudes recibidas de alumnado de cada Plan. Só en caso de non haber solicitudes no plano de estudos indicado se poderá adxudicar ó outro.

ACCESO INFORMACION [información actualizable e orientativa. Consultar sempre fontes]

REQUISITOS ETSAC [RESUME]
1. REALIZAR A MOBILIDADE EN 4º/5º CURSO [ou cuatrimestres equivalentes]
2. O PFC / TFC SERÁ  SEMPRE  CURSADO E PRESENTADO NA ETSAC
3. OS ALUMNOS DE GRAO REALIZARÁN  A SUA MOBILIDADE EN PERIODOS ANUAIS OU SEMESTRAIS QUE CONTEMPLARÁN PAQUETES DE MATERIAS CORRESPONDENTES A CUATRIMESTRES COMPLETOS.
4.  O TRATAMENTO ACADÉMICO DE CALQUER ALUMNO ÓS EFECTOS DA SUA RELACIÓN CÓS TALLERES OU CUALQUER OUTRA MATERIA IMPLICADA NO CONTRATO DE ESTUDOS SERÁ IDENTICA Á DUN ALUMNO QUE NON REALIZA MOBILIDADE
5. AS PRACTICAS EN EMPRESAS PODERAN FORMAR PARTE DA MOBILIDADE DE ESTUDOS, SEMPRE QUE  O PERMITA A UNIVERSIDADE DE DESTINO, E SEGUNDO AS LIMITACIONS DOS NOSOS PLANOS.