In memoriam XOSÉ PÉREZ FRANCO, 1959-2013
Finou o noso compañeiro Xosé Pérez Franco.
O domingo, día 17 de novembro, na cerimonia de cremación, houbo dúas intervencións: Antonia Pérez Naya lembrou con emoción os anos compartidos na nosa Escola e Juan Manuel Doce Porto leu un texto do propio Xosé, redactado nos seus anos de estudante, e que conserva Ana Fonticoba.
Convidámosvos á súa lectura, como lembranza e homenaxe ao noso compañeiro prematuramente desaparecido.
“A FORZA QUE NOS FAI SOLIDARIOS É…”, texto de Xosé Pérez Franco: Texto XPF

“A VIAXE”, acuarela de Xosé Pérez Franco.
O longo da nosa vida atopámonos con un número escollido de persoas que nos deixan unha profunda pegada positiva no noso interior. Xosé é desas persoas.
Polos vos momentos que pasamos cando estudiabamos Arquitectura…. Unha forte aperta de teu compañeiro Seso
El enorme talento de Xosé para plasmar directamente con plumilla el paisaje de los alrededores del Castro de Elviña -cuando practicábamos para pasar el temido Análisis de Formas- logró captar poderosamente mi atención.
Xosé Pérez Franco ha sido en la Escuela un potente imán para sus compañeros, por sus sorprendentes/surrealistas puestas en escena de sus propuestas arquitectónicas,siempre mucho más artísticas que técnicas … como debe ser.
Creo que Galicia tiene una deuda pendiente con este gran artista … debería haberle sacado muchísimo más partido de su portentosa creatividad.
Coincidíamos con Juan Navarro Baldeweg en que con la pintura siempre puede aparecer el milagro … con la arquitectura todo lo más la sorpresa.
Unha frase de Castelao ben podería resumir o seu pensamento: ” Eu endexamais cultivei a Arte pola Arte. A Arte para mín non foi máis que un recurso para interpretar ó meu pobo, súas dores e súas esperanzas”.
Espero que tu espíritu -donde quiera que esté- encuentre sosiego y eternidad … hasta siempre, compañero Xosé.
Xa non está Xosé. O noso mundo de lembranzas na orixe da ETSA faise máis pequeno.
Seguirá a haber ceas na desaparecida casa de Monelos con butelos do Bierzo?
Lembrará alguén os faladoiros de arquitectura, de madrugada, baixo os seus debuxos de bolas peludas?
Que será dos arlequíns das súas pinturas?
Que será dos camaróns tomados ao solpor con unha copa de catalán roxo de colleita?
Onde quedarán os debuxos con pluma de caña e tinta china?
Esmorecerán todos eses momentos como lágrimas na choiva?
Non, merda, non. Non mentres algúns dos que o quixemos moito e ben sigamos respirando e tendo memoria.