Premios XII BEAU, Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo

A XII Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo ven de premiar a 15 proxectos, dos que catro deles dunha ou outra maneira están vencellados á Etsac e a Galicia: O Museo de Peregrinacións e da Cidade de Santiago de Compostela, o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia, a recuperación do Casco Vello de Vigo e a Casa do Concello de Lalín. Entre os finalistas tamén hai arquitectos galegos.

Dos 166 PFC seleccionados escolléronse só 20 proxectos fin de carreira que foron finalmente premiados. Entre eles o proxecto para Adega no Ribeiro da alumna Estefanía Grandal Leirós, titor Juan Prieto e nota 10 na convocatoria de xuño de 2011.

PARABÉNS a todos os premiados!

Para máis información: http://www.bienalarquitectura.es/index.php/resultados-xii-beau/

bienal_2