Axudas complementarias do programa de acción da Unión Europea de mobilidade de estudantes Erasmus

Publicada a ORDE do 15 de febreiro de 2013 pola que se aproban as bases e se convocan axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, para estudantes universitarios que participan nesta acción no curso 2012/13 (DOG Núm. 40 do 26 de febreiro de 2013)
Prazo de presentación de solicitudes: (27/02/2013 – 26/03/2013)
INFORMACION

 

nota para alumnado de libre mobilidade:
En relación ós alumnos de libre mobilidade que preguntaban se era posible a súa solicitude da axuda, recibimos a seguinte resposta:

En contestación ao seu e-mail, lamento comunicarlle que o alumnado que participa a través dunha libre mobilidade non pode acollerse a esta convocatoria. Esta axuda vai dirixida para aqueles alumnos que cumpren os seguintes requisitos (artigo 4 da convocatoria):

a) Ser cidadán da Comunidade Europea ou estranxeiro non comunitario con residencia legalizada no Estado español.

b) Estar matriculado no curso 2012/13 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED nesta comunidade autónoma para realizar estudos universitarios oficiais conducentes aos títulos universitarios de graduado, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico o enxeñeiro técnico.

c) Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda achegada pola Unión Europea no marco do Programa de aprendizaxe permanente para participar na acción de mobilidade para estudos dentro de programa Erasmus ou do Goberno de Suíza.

d) Que a duración mínima da estadía, para efectos de concesión de bolsa, sexa de tres meses e a máxima de nove meses.
e) Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.