Acordos da Comisión Permanente da ETSAC celebrada o 18 de setembro de 2012
Acordos da Comisión Permanente da ETSAC celebrada o 18 de setembro de 2012
– 20 Setembro, 2012Publicado en: administración, avisos
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.
Enviado o 18-09-2012 ás 8:30
Hola, he leído el documento correspondiente a ‘ 18.07.2012. Xunta de Escola ‘ titulado ‘Justificación de la modificación del título de graduado en arquitectura’ y no me queda claro que es lo que se está debatiendo en torno a su constitución. Dice que a principios de septiembre 2012 se acordará la denominación final del título y la creación de Máster universitario en arquitectura.
Mi pregunta es si para ejercer la profesión basta o no basta con el título de Graduado en arquitectura, y cual es el objetivo final de la presunta modificación del título.
Gracias de antemano y disculpen las molestias.
En resposta a esta cuestion que chegou á web debemos aclarar que as Escolas de Arquitectura españolas están redeseñando agora os seus plans de estudos para adaptalos a uns novos requerimentos legais, chamémoslle Boloña-II, ordenados polo Ministerio de Educación e que son de obrigatorio cumprimento.
O MEC establece un ordenamento da titulación diferente do actual, que pasará a constar dun Grao e un Mestrado. O novo grao, a diferencia do actual, non outurgará atribucións profesionais para “construír edificios”, xa que estas atribucións estarán radicadas no mestrado. A este mestrado terán acceso exclusivamente os graduados no novo grao (que deberá ter unha denominación diferente do actual a fin de evitar confusións).
En todo caso os estudantes que cursan o actual “Grao en arquitectura”, de acordo co Plan 2010 terán plenas atribucións profesionais, tal e como existían no momento de matricularse na carreira. Faise constar ademáis que os estudantes que iniciaron os seus estudos con este plan -que agora se implanta en terceiro curso na ETSAC- teñen garantidos legalemente os seus dereitos a rematar a carreira nos estudos que iniciaron. No seu momento poderán optar por cambiar ao novísimo plan se voluntariamente o desexaren.
Un dos obxectivos finais do ordenamento ao que agora teñen que acomodarse os plans de Estudos das escolas españolas (que só teñen tres anos de antigüidade!) é o de adaptarse efectivamente á estrutura académica europea e non só nominalmente, como agora. Por outra parte, outra grande aportación da nova estrutura é darlle titulación a graduados en arquitectura que non pretendan dedicarse profesionalmente a edificar (e si ás outras cousas que saben facer os arquitectos). Esto era unha demanda de colectivos amplos de estudantes e dalgunhas escolas.
A ETSAC asume este proceso, conformando unha comisión de Plano de Estudos na que teñen presenza as distintas áreas do centro, o PAS e os representantes dos estudantes. Tras cada reunión publícanse nesta web os acordos para o seu coñecmento xeral.
A documentación legal e outras informacións complentarias están ubicadas permentemente nesta web, nun lugar destacado: o seu encabezado, aliñado pola esquerda; baixo o título “Verificación do plan de estudos – Proceso de Bolonia”.
En todo momento respostaremos por este medio a calquera cuestion sobre o tema.
Hola, me he enterado recientemente de esta nueva modificación del plan, pero la gente tampoco está muy informada… He llegado a oír que se reducidiría el plan de estudios a 4 años (en lugar de 5 ) más el “mestrado”… ¿es eso cierto? o los años de grado se mantienen? Me gustaría aclarar esta duda por favor. Muchas gracias!
Hola, agardamos que a resposta á cuestión plantexada anteriormente che poida servir de explicación ao motivo desta modificación do plano de estudos. En canto ao número de anos, o grao terá 5 e o mestrado habilitante (onde se acadarán as atribucións profesionais) terá 1 ano de duración, obrigado pola normativa aprobada polo Ministerio de Educación.
Estamos á tua disposición para aclarar calquer outra dúbida.