Debido á apertura oficial do curso académico 2012-2013 na Universidade da Coruña para o conxunto do Sistema Universitario Galego, o próximo venres 7 de setembro e de acordo coas instruccios dictadas pola UDC con data 31 de agosto pasado, no que sinalan que: “…non se pode realizar ningún tipo de actividade académica ese día.”
Por isto vémonos obrigados a trasladar os exames programados ao luns 17 de setembro no mesmo horario.
1º Xeometría D. II 10h.
3º Construción 3 16h.
4º/5º Industrialización 10h.
4º/5º P. de Estructuras 2 16h.
4º/5º Arq. Industrial 16h.
4º/5º Lex. e Economía 16h.
Ao abeiro das indicacións da UDC todos os prazos enténdense prorrogados ao primeiro día hábil seguinte. Nesta situación atópase o prazo de matrícula, e demais prazos da Normativa académica, que se prorrogan ata o día 10 de setembro. Polo tanto a entrega do Proxecto Fin de Carreira prevista para o día 7 trasládase para o luns día 10 de setembro.
Lamentamos as molestias que esta situación sobrevenida poida ocasionar
A dirección do centro