Re_utilizando é a nova iniciativa da OMA, enfocada á reutilización do papel, e polo tanto, ó seu mellor aproveitamento. Deu comezo esta semana na E.T.S.A. da UDC, coa idea de extendela despois ó resto dos centros da devandita Universidade. O comezo na E.T.S.A. non é casual, senón que nos pareceu oportuno iniciala alí debido a grande cantidade de papel que moven.
O obxectivo desta iniciativa xa se pode intuir a partires do seu eslogan “2 caras, 2usos”: se unha folla de papel ten dúas caras, utilicemos ambas.