INTERNET AWARD no concurso internacional ARCHIZINC trophy para un equipo no que participan dous profesores da ETSAC

O pasado 18 de xuño celebrouse en París a entrega de premios da 5ª edición do concurso bianual de arquitectura organizado VM ZINC-Umicore aos mellores edificios do mundo realizados en zinc. Da dimensión internacional da competición dá conta a procedencia dos diversos proxectos premiados: Australia, China, Francia, Estados Unidos, Alemaña e España.  O equipo galego formado polos arquitectos María Carreiro, Nela Prieto, Diego Vaqueiro e Cándido López (de dereita a esquerda no centro da foto) alzáronse co premio especial outorgado polo público mediante as votacións realizadas a través da páxina de facebook da entidade convocante, polo seu deseño e execución do Centro Sociocultural de Agrón no concello de Ames.


A súa presentación do proxecto tivo unha gran acollida entre o experto foro internacional de asistentes ao evento que destacaron a sensibilidade do edificio coa contorna no que se insere, unha frondosa carballeira a 15 km de Santiago de Compostela, así como os seus valores ecolóxicos e ambientais ou o expresivo emprego do zinc neste pequeno edificio, que se impuxo a máis de 120 proxectos desde a súa sinxeleza e precisión.

Na anterior edición do concurso, o arquitecto e profesor da ETSAC,  Alfonso Penela Fernández obtivo o Special awards na categoría  Individual housing