II Encontros sobre Patrimonio Construído. Proxecto e cidade histórica

O venres 10 de abril terá lugar a segunda edición dos Encontros sobre Patrimonio Construído, unha iniciativa conxunta do grupo IDEAHS e a ETSAC que este ano conmemora o 50 aniversario do SIAC.

Tras a primeira edición celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña, co gallo do cincuenta aniversario do Seminario Internacional de Arquitectura en Compostela (1976), a Facultade de Xeografía e Historia que acolleu aquel seminario será a sede da segunda edición dos Encontros sobre Patrimonio Construído que pretenden ser unha celebración e actualización do espírito do SIAC.

Con especialistas de todo o Estado e persoal investigador mozo e consolidado do grupo IDEAHS da USC e a ETSAC da UDC, o Encontro constará de diferentes intervencións sobre a cidade histórica, quer desde unha perspectiva historiográfica, quer metodolóxica, así como sobre a presenza do gran protagonista do SIAC, Aldo Rossi, cos contextos galego e español. Neste sentido, a mesa redonda O primeiro SIAC, cincuenta anos despois, contará coa presenza de Pablo Tomé Ferreiro, Xosé Freire Corzo e Carlos Almuíña Díaz, arquitectos participantes do SIAC, e os especialistas neste contexto Victoriano Sáinz Gutiérrez, Carolina B. García-Estévez e Santiago Rodríguez Caramés. Ademais, o Encontro contará coa participación de Xerardo Estévez e Alfonso Salgado coa conferencia plenaria Ceo e Terra.

Pódese solicitar certificado de asistencia cubrindo o seguinte formulario: Formulario

Programa

10.00 Inauguración (coordinador do grupo IDEAHS e director da ETSAC)

10:30 Victoriano Sáinz Gutiérrez: Aldo Rossi y España: un continuo viajar

11:00 Alejandro Otero García-Brabo: Un enfoque de microhistoria urbana: plaza do Campo o de Cervantes

11:20 Manuel Domínguez Calvo: Intervenciones modernas en la plaza del Obradoiro

11:45 Pausa-Café

12:15 Carolina B. García-Estévez: «Querida imaginación… que no perdonas». Aldo Rossi desde Barcelona

12:45 Alberto Campos Baamonde: Orígenes de la arquitectura posmoderna de Galicia

13:05 Daniel Lucas Teijeiro Mosquera: Extincións da arquitectura popular galega no século XX: o conxunto histórico de Betanzos e a súa ribeira fluvial

13:25 Juan A. Caridad Graña: El SIAC como recurso docente en Historia de la Arquitectura

14:00 Pausa-Xantar

16:00 Santiago Rodríguez Caramés: «Io amo Santiago con timidezza e gelosia»: Rossi en Compostela (1966-1997)

16:30 María Garrote Recarey: Allariz. Paradigma contemporáneo de recuperación patrimonial

16:50 Francesco Aresti: A Coruña y la Torre de Hércules: procesos de patrimonialización y representaciones culturales

17:10 Mesa redondaO primeiro SIAC, cincuenta anos despois

Con Pablo Tomé Ferreiro, Xosé Freire Corzo, Carlos Almuíña Díaz, Victoriano Sáinz Gutiérrez, Carolina B. García-Estévez e Santiago Rodríguez Caramés

18.30 Pausa-Café

19:00 Conferencia de clausura – Xerardo Estévez e Alfonso Salgado: Ceo e Terra