Encontros sobre patrimonio construido: Reflexións sobre a condición moderna

Os Encontros sobre patrimonio construído nacen da colaboración entre a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña (ETSAC-UDC) e o Grupo de Investigación e Desenvolvemento en Artes e Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela (USC‐IDEAHS).

Neste primeiro encontro, que se celebrará o día 4 de abril de 2025 no Museo de Belas Artes da Coruña, abordarase a cuestión da intervención sobre o patrimonio construído como parte da creatividade e a evolución da arquitectura moderna e contemporánea, con énfase nas mudanzas disciplinares, o protagonismo historiográfico deste tipo de traballos e o estudo de casos no marco galego, portugués e estatal.

Programa:

10:00 Inauguración.
10:30 Maria João Baptista Neto (Universidade de Lisboa): “Iglesia de Santa Engrácia – Panteón Nacional: ¿restauración o finalización? Una intervención entre la unidad de estilo y la condición moderna (1964-1966)”
11:00 Eva Pérez Mosteiro (Universidade da Coruña): “Conservar el pasado, proyectar el futuro. La intervención arquitectónica en el patrimonio histórico”.
11:20 Santiago Rodríguez Caramés (Universidade da Coruña): “A intervención no patrimonio construído desde a contemporaneidade: contexto e mudanza disciplinar en Galiza (1970-2025)”.

11:45 Pausa-Café

12:15 Patricia Sabín + Enrique Blanco (Universidade da Coruña): “La rehabilitación del mercado municipal de Betanzos en la revitalización del casco histórico”.
12:45 Silvia González Rodríguez (Universidade de Santiago de Compostela) “A rehabilitación do Mosteiro de Leça do Balio por Álvaro Siza: Convivencia entre pasado construído e novos espazos no patrimonio xacobeo”.
13:05 Raquel Álvarez Sánchez (Universidade da Coruña): “Intervenciones en la ciudad construida. Andrés Fernández-Albalat en A Coruña”.
13:25 Pilar García Cuetos (Universidad de Oviedo): “Entre la tradición y la innovación. Intervenciones en las catedrales en época contemporánea”.

14:00 Pausa-Comida.

16:00 Cristina Ansede (Universidade da Coruña): “Rehabilitar y rehabitar. Intervenciones en cascos históricos”.
16:30 Paula Franjo Calvo (Universidade de Santiago de Compostela): “Virtualizando o patrimonio que se puido salvar: o estudo do proxecto de rehabilitación do Edificio Castromil”.
16:50 Adriana Rodríguez González (Universidade da Coruña): “Reflexión sobre arquitecturas para el rural”.

17:15 Mesa redonda.

19:00 Conferencia de clausura. Juan José Lahuerta i Alsina: “Las vetas del mármol y la modernidad desornamentada”.

A inscrición é gratuita ata completar o aforo dispoñible, e debe cubrirse o formulario que figura abaixo.

Formulario de inscrición

Estes encontros están recoñecidos como actividade formativa (8 horas) para estudantes de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela.