En colaboración cos colectivos Costa Oeste e Espazo 16 e co apoio do Grupo Tragsa estase a organizar a actividade “O ciclo do Pan no Xurés. Revisión do patrimonio cultural na Galicia baleira” nos concellos de Lobeira, Lobios, Calvos de Randín e Baltar o 30 de maio e 1 de xuño de 2025.
Ao igual que no proxecto Laboratorio da Paisaxe convocase unha participación con bolsa para estudantes e que cubrirá a manutención e matricula en todo o evento.
Para solicitar esta praza con bolsa as e os estudantes terán que enviar ao email: colectivo.espazo16@gmail.com
- Unha carta de motivación
- Comprobante de matrícula no curso 2024/2025