A Fundación ONCE puxo en marcha un novo foro técnico sobre Accesibilidade Universal en Discapnet, portal virtual sobre discapacidade cofinanciado por Fundación ONCE e Technosite,Vía Libre, compañía do grupo empresarial da Fundación ONCE, Grupo Fundosa, mediante a participación dos seus técnicos expertos, será a encargada de moderar, dinamizar, dar resposta e fortalecer o contido deste novo foro, denominado “Accesibilidade universal e actividade profesional. Arquitectura e urbanismo“.
O obxectivo deste foro é compartir coñecemento e información nun lugar de encontro virtual de técnicos interesados en materia de Accesibilidade Universal. Así, o novo espazo servirá para colaborar na resolución das dúbidas e dificultades que, á hora de incorporar os criterios de accesibilidade no traballo cotián, atopan os profesionais da arquitectura e o urbanismo.