Semana da Arquitectura A Coruña 2022

O día 3 de outubro arranca a Semana da Arquitectura da Coruña 2022, organizada polo Concello da Coruña e a nosa Escola, xunto coa Fundación Luis Seoane, e en colaboración coa Fundación Barrié.

A Semana da Arquitectura na Coruña, promovida desde hai tres anos polo Goberno de Inés Rey, abrangue unha amplia programación de actividades asociadas a un contexto temporal moi específico: o Día Mundial da Arquitectura, que se conmemora o primeiro luns de outubro de cada ano.

Na primeira edición, a do 2020, o protagonista foi o arquitecto coruñés Andrés Fernández-Albalat. Xa no 2021, a Semana da Arquitectura fixou o seu punto de mira nos distritos de Cidade Xardín e o Barrio das Flores. E este ano, entre os días 3 e 7 de outubro, A Coruña acollerá diversas mostras e percorridos guiados que brindarán á cidadanía a posibilidade de achegarse á evolución urbanística e arquitectónica da Coruña en barrios como Elviña ou rúas como Juan Flórez.

O luns día 3 as 19 horas será o acto de presentación da exposición ‘Ramón Vázquez Molezún. 5+5 obras coruñesas’, así como na do catálogo ‘Ramón Vázquez Molezún inédito. Obras y proyectos en A Coruña’.

Vázquez Molezún, gañador do Premio Nacional de Arquitectura no 1954, era un profundo coñecedor da cultura local, e, tras o seu periplo profesional por Europa, deixou o seu selo na súa cidade natal, visible na avenida de Arteixo e as rúas Juan Flórez e Concepción Arenal, así como na Fundación Barrié.

A apertura da mostra sobre Vázquez Molezún no Pazo Municipal de María Pita será o punto de partida para outras catro xornadas de actividades que se desenvolverán entre a praza do Libro, a Fundación Luis Seoane, a Fundación Barrié e outros espazos ao aire libre na cidade.

Os horarios e localizacións son os seguintes:

  • Martes 4 de outubro.
    • 17.30 horas (Praza do Libro): Roteiro guiado pola obra coruñesa I. Juan Flórez.
    • 20.00 horas (Fundación Luis Seoane): Inauguración da exposición ‘La Roiba’.
  • Mércores 5 de outubro.
    • 12.30 horas (ETSAC): Inauguración da exposición ‘Ramón Vázquez Molezún. Grumosa. Santa Cristina’.
    • 17.30 horas (Entrada do Club Financiero): Roteiro guiado pola obra coruñesa II. Elviña.
    • 19.30 horas (Fundación Luis Seoane): Faladoiros da Roiba (I); ‘Patrimonio al límite. Una mirada técnica’.
  • Xoves 6 de outubro.
    • 16.00 horas (Fundación Barrié): Visita á Fundación Barrié.
    • 19.30 horas (Fundación Luis Seoane): Faladoiros da Roiba (II); ‘Patrimonio al límite. Una mirada desde el borde’.
  • Venres 7 de outubro.
    • 17.00 horas (Sala de Mostras do Pazo Municipal de María Pita): Visita guiada á exposición ‘Ramón Vázquez Molezún. 5+5 obras coruñesas’.
    • 19.30 horas (Fundación Barrié): Mesa redonda; ‘Ramón Vázquez Molezún: el arquitecto, la obra, el legado’.

 

Animamos a toda a comunidade a unirse aos diferentes eventos que conforman o programa, tanto na nosa Escola coma repartidos pola cidade.

Atopa tódalas actividades aquí e aquí.