TEMÁTICA
O Fogar Público
ÁMBITO
PONTEVEDRA. O Burgo norte + Moureira-Gafos-Maresco
3 lugares para Cociñar, Asearse e Conversar. É dicir, as arquitecturas de 3 espazos e edificios públicos entorno á Comida, o Baño e a Reunión. En definitiva, 3 proxectos nos que a COCIÑA, os BAÑOS e a SALA esténdense á cidade. O equipamento máis doméstico. A cidade como casa. En todos eles, propoñendo a interacción coa AUGA: as marxes do RÍO, a BEIRA e o LÍMITE CAMBIANTE.
OBXECTIVO
Proxectar 3 espazos para 3 funcións básicas, domésticas e presentes no día a día (cotiás) que deben ser revisadas dende o público como espazos esenciais para a socialización. A revisión do concepto de fogar a través da cidade. A capacidade do urbano de xerar lugares para a vida das persoas atendendo a 3 necesidades elementais: xantar, bañarse e reunirse.
Enlace ao pdf del programa do Mestrado 2223