Antón Reixa. Conferencia 4 de febreiro

O martes 4 de febreiro ás 12 horas, no salón de actos da Escola de arquitectura da Coruña, Antón Reixa inicia as conferencias dos martes do segundo cuadrimestre neste ano 2020. Moi coñecido por toda a súa actividade como escritor (poesía, teatro, narrativa, prensa…) guionista, produtor, director de cinema e posiblemente en maior medida por todo o que significou Vos Resentidos. Realiza en varios textos sobre Coia unha das mellores descricións da transformación da cidade en Galicia Eses textos seguen sendo claves para entender como se segue construíndo e usando a cidade e especialmente as áreas en transformación.