Renovación da bandeira verde Green Campus-ETSAC

A bandeira Green Campus que ondea no vestíbulo do centro foi renovada. O xurado nacional de ADEAC, que fixese a súa concesión á Escola o 19 de outubro de 2016, outorgou a súa renovación en sesión do 12 de novembro de 2019.

A renovación da bandeira é o recoñecemento ao traballo continuado da ETSAC no programa Green Campus da UDC que comprende medidas en temas de educación ambiental e desenvolvemento sustentable.

Parabéns aos dous novos Programas Green Campus da UDC avaliados, Campus de Ferrol e Facultade de Fisioterapia; e aos outros catro centros que a renovan con nos: Facultade de Educación, Ciencias da Saúde, Escola Universitaria de Arquitectura Técnica e Escola Superior de Camiños e Portos,

Acta Comité GC_UDC