Presentación do libro, “Arquitectura. Ilusión. Proyectar desde el in-genius loci”, Óscar Pedrós Fernández
O vindeiro martes 12 de novembro ás 12.00 h. na Biblioteca da ETSAC, o profesor da ETSAC Óscar Pedrós presenta o seu primeiro libro, titulado “Arquitectura. Ilusión. Proyectar desde el in-genius loci”. Trátase dun percorrido a través dunha clasificación atemporal de arquitecturas surxidas da manipulación da percepción, construidas sobre os fundamentos científicos do ilusionismo, que ofrece ata nove relacións de vecindario entre ambas Artes.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.