Xornadas-seminario Arquitecturas Ambulatorias

Dentro das xornadas-seminario Arquitectura Ambulatorias coordinadas por Cristina Botana (ETSAC) e Rocío Botana (Traballo Social), esta semana achegaránse as xornadas do proxecto do Obradoiro Campanario os investigadores de Centro de Estudos Sociais de Coimbra e activistas de Kale Amenge, Sebijan Fezjula e Cayetano Fernández.

Xoves 3 de outubro, ás 18h no salón de graos de socioloxía (andar 1):

Cayetano Fernández (CES Coimbra, Kale Amengue) coa conferencia:

   “Antixitanismo de estado e autonomía política romani: claves para a comprensión e a acción”

Sebijan Fezjula  (CES Coimbra, Kale Amengue) coa conferencia:

“Racismo e blanquitude na Europa antixitana”