Empty Coruña reaparece achegándose a un fabuloso e real caso de estudo existente na nosa cidade: o Proxecto Cárcere. Unha iniciativa cidadá auto organizada que conseguiría asegurar o control daquel emblemático edificio e implementar nel un proxecto autoxestionado.
Para esta reaparición pública organízase un encontro-debate-merenda no que algunhas das persoas protagonistas do Proxecto Cárcere nos explicarán o seu traballo. A seguir analizarase como podemos acompañar a esta malograda inciativa ou as que no futuro poidan ser o noso obxectivo.
Cando: xoves 2 de maio de 2019, ás 17:00h
Onde: espazo multiusos andar -2 da ETSAC
Máis información: Cartaz