O reitor visita a ETSAC

O reitor, Julio Abalde, achégase aos centros da Universidade da Coruña para manter reunións abertas con toda a comunidade universitaria. Estas reunións teñen como obxectivo coñecer de primeira man as necesidades e inquedanzas que se presentan en cada centro. Son encontros con todo o profesorado, persoal de administración e servizos e alumnado nos que se buscan unha cercanía para escoitar e comentar os temas de interese en cada centro. Contamos coa vosa presenza.

Cando: xoves 21 de febreiro de 2019, ás 09:30h

Lugar: salón de actos da ETSAC, andar 0