Premio Isover para alumnos da ETSAC que representarán a España en Dubai

 

Os alumnos da ETSAC, Óscar González Lorenzo e Noelia Vázquez Abelenda, veñen de gañar o terceiro premio na edición deste ano do concurso ISOVER co seu traballo Generating chaos.

O equipo coruñés, xunto cos das escolas de arquitectura de Valladolid e O Vallés, primeiro e segundo premio respectivamente, representarán a España na fase internacional que se celebrará en Dubái do 12 ao 15 de maio.

Máis información: https://www.isover.es/comunicacion/concurso-estudiantes-multi-comfort-house-isover/2018/ganadores-fase-nacional-2018

Os nosos parabéns aos premiados!