Emotivo NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2017 con Anupama Kundoo

 

Onte celebrouse un emotivo evento, NOVOS ARQUITECTOS ETSAC 2017, coa presenza de Anupama Kundoo, dedicado aos egresados pola nosa Escola durante o último ano.

No acto académico que estivo presidido por Nancy Vázquez Veiga, vicerreitora da UDC, e Fernando Agrasar, director da ETSAC, procedeuse á entrega de diplomas.

A arquitecta india deunos unha interesante palestra baixo o título “Building knowledge, building community” e recolleu, nesta ocasión, o relevo do catalán Toni Gironés, do portugués Joao Mendes Ribeiro e dos madrileños Victoria Acebo e Ángel Alonso que disertaron nas anteriores edicións.

Thank you so much, Anupama!

Agradecemos tamén, un ano máis a HNA, Mutualidade dos Arquitectos, a súa colaboración e patrocinio e ao dúo de jazz de Pablo Añón e Rubén Deschamps a súa música.

Os nosos parabéns aos 175 novos arquitectos ETSAC de 2017!

Máis información:

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2017/12/16/anupama-kondoo-arquitectura/1245370.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2017/12/16/arquitecta-india-anupama-kundoo-impartio-leccion-magistral-sobre-sostenibilidad/0003_201712H16C4991.htm