O proxecto Kaya Clínica celebra os seus primeiros resultados

 

O Pasado seis de decembro celebrouse en Maputo (Mozambique) a entrega dos primeiros 50 documentos de legalización de vivenda a outras tantas familias do Bairro de Dimitrov. Un dos barrios auto-producidos da cidade.

A legalización da morada é un dos resultados do proxecto Kaya Clinica. Prodúce tras un proceso no que se alcanza a conformidade do construído cos estándares locais. Ten unha altísima transcendencia tanto para as familias redidentes como para o propio Estado. As primeiras porque unha vez consolidado o seu dereito a unha vivenda digna poden acceder aos restantes dereitos civís. Pola súa parte o concello recoñece á súa cidadanía, pudendo a partir de aí dimensionar de maneira veráz os servizos que debe prestar e construír unha administración moderna.

Kaya Clínica é un dispositivo universitario no que a ETSAC ten una relevante presencia. Naceu da asociación entre a UDC e a Universidade Eduardo Mondlane co apoio da Cooperación Española e do Municipio de Maputo. Ten previsto resolver nos próximos meses outros mil  expedientes, ademais da prestación dunha ampla gama de outros servicios arquitectónicos ás comunidades que viven en condicións de extrema precariedade.

No acto de entrega participaron a comunidade en pleno, as autoridades universitarias e as do goberno da cidade. Por parte da ETSAC estivo presente a doutoranda Sonia Rodriguez Beltrán.

A axenda de Kaya Clinica deste decembro inclue a presentación do proxecto nas facultades de arquitectura de Porto e Lisboa.

Máis información: http://www.aecid.org.mz/