Programa de educación para a sustentabilidade da OMA-UDC

PROGRAMA DE EDUCACIÓN PARA A SUSTENTABILIDADE DA OMA-UDC

Recoñecemento académico de créditos por actividades

Módulo I: Voluntariado ambiental e custodia do Monte da Fraga outono 2017

Organizado pola Oficina de Medio Ambiente da UDC, coa colaboración do Concello da Coruña.

Estas actividades están acollidas ao recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: poderás convalidar un crédito por cada 10 h de actividades de educación para a sustentabilidade nos programas da Oficina de Medio Ambiente*. (Anexo I, punto 7)

Cada unha das actividades deste programa computa con 2,5 h presenciais. Aínda estás a tempo de completar 1 crédito coas actividades pendentes de realizar, ou combinar coas xa realizadas no caso de teres participado nalgunha das actividades anteriores.

A OMA-UDC convocará ao longo do curso 2017-2019 novas actividades do programa de Educación para a Sustentabilidade que tamén se acollerán a esta normativa e poderán combinarse coas do presente programa.
Os/As estudantes interesados inscribiranse nestas actividades a través do correo oma3@udc.gal. Posteriormente solicitarán o recoñecemento perante a Oficina de Medio ambiente.

Programa Módulo I

Nota: este programa está suxeito a posibles cambios en función de requirimentos futuros de diverso tipo, como os climatolóxicos, etc.