Concurso internacional de arquitectura ARCHmedium: Barcelona SOCIAL HOUSING

Concurso internacional de arquitectura ARCHmedium BARCELONA SOCIAL HOUSING

Barcelona está a atravesar un momento de emerxencia habitacional onde o 40% das compras de pisos fanse soamente para investir e o aumento de pisos turísticos incrementa exponencialmente o prezo dos alugueres. Hai gran cantidade de vivendas baleiras e a falta de vivenda de aluguer fai que os veciños se vexan obrigados a mudarse, fenómeno coñecido como gentrificación.

Actualmente só hai un 1,5% de vivenda social protexida na cidade, unha cifra moi afastada ao 50% que hai en Viena, ou ao 30% que hai en cidades como Berlín ou París. O concello de Barcelona considera prioritario o acceso á vivenda e está a implementar políticas para aumentar esas cifras.

PROPOSTA

Sensibles con esta problemática, convocamos ás mellores ideas de estudantes e novos arquitectos que exploren novas tipoloxías sobre vivenda social nunha contorna consolidada do centro de Barcelona. Propoñemos a transformación a vivenda social dun edificio de oficinas construído a principios de século XX. Os 18.000m2 existentes aloxarán 160 vivendas e comercios de escala pequena.

O obxectivo do concurso é garantir a función social da vivenda a través de repensar a vivenda social. As propostas han de explorar novas tipoloxías e responder a unha visión unitaria do conxunto mellorando o ámbito de intervención. As vivendas han de responder aos máximos criterios ambientais procurando un reducido consumo enerxético.

+ información