Campus dos oficios 2017: A madeira, da artesanía á industria, camiños de ida e volta

 

O programa do Corazón da Artesanía. VI Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se celebrará en Agolada do 7 ao 9 de xullo, acolle na xornada do bado, 8 de xullo, a celebración do primeiro Campus dos oficios: a madeira “da artesanía á industria, camiños de ida e volta”. Esta iniciativa é unha das novidades deste ano e propón un diálogo entre axentes representativos da artesanía, a arquitectura, o deseño, a industria e a xestión do sector da madeira en Galicia. O obxectivo é poñer en contacto dunha forma transversal aos nomes propios da artesanía e a industria, os materiais e os diferentes procesos técnico-produtivos que conviven co obxectivo de abrir una xanela imprescindible de enriquecemento, nun espazo tradicional de alto valor histórico e etnográfico para o intercambio comercial, como son Os Pendellos de Agolada.

 

Máis información e inscricións: http://artesaniadegalicia.xunta.gal/actualidad/formacion/campus-dos-oficios-2017-a-madeira-da-artesan-a-industria-cami-os-de-ida-e-volta