Un pouco da túa axuda é moito. Campaña de recollida de alimentos.
Dende o día 20 ate o 31 de marzo , A Oficina de Cooperación e Voluntariado e a Oficina de Medio Ambiente colaborarán co Banco de Alimentos “Rías Altas” na recollida de alimentos non perecedeiros. Poderedes atopar as caixas de recollida de produtos como leite, legumes, arroz, aceite, cacao, conservas, café, cereais etc., na cafetería do voso centro.
Agradecemos calquera colaboración, para poder superar a cantidade de alimentos recollida o ano pasado! Entre tod@s podemos conseguilo!
Esta iniciativa pretende fomentar a sensibilización da comunidade universitaria nestes momentos de maior dificultade, non só buscando a solidariedade, senón tamén botando unha ollada crítica sobre a situación actual da nosa sociedade, onde cada vez existen máis persoas ao noso redor que teñen serias dificultades para sobrelevar o día a día.