RAGBA: palestra do profesor da ETSAC, Óscar Pedrós

 

Palestra do profesor Óscar Pedrós na Real Academia Galega de Belas Artes: “In-genius locii. O espazo a través da ilusión”.

Ser ou non ser consciente; esa é a cuestión. In-genius-locii clasifica as arquitecturas percibidas desde o punto de vista do conflito lóxico. Apoiándose nas ilusións visuais, ópticas e cognitivas (así definidas no campo da neuropsicoloxía) establece una clasificación de este tipo de espazos en nove categorías (a reducción das categorías tradicionais do Ilusionismo): aparición, escamoteo, transposición, roto e recomposto, materia a través da materia, metamorfose, características extraordinarias, levitación e predicción. Conclúe no in-genius locii como feito principal no redescubrimento de aqueles espazos que non son o que parecen ser e resulta ser o vencello fundamental entre os tres pés nos que se apoia a disertación: arquitectura, ilusionismo e percepción.Data: martes, 21 de marzo de 2017, ás 20:00h

Lugar: RAGBA