Nova edición do workshop internacional Iacobus en Clermont-Ferrand

 

Vinte e un alumnos do Taller 3 de Proxecto Fin de Máster da ETSAC participaron, do 6 ao 10 de marzo, nun Workshop Internacional en Clermont-Ferrand (Francia) xunto a compañeiros da ENSACF e a OTH de Ratisbona (Alemaña). Traballando en grupo, os estudantes tiveron ocasión de visitar o antigo Colexio dos Xesuítas de Billom, onde están a realizar o seu PFM.  O venres 10 se fixo unha presentación dos traballos realizados polos diferentes grupos.

Ademáis dos equipos docentes das tres Escolas, contouse coa presenza da profesora Emma Harutyunyan, da NUACA de Ereván (Armenia) e do arquitecto Gurgen Mushegyan, que deu unha palestra sobre a súa obra no contexto da arquitectura do período soviético en Armenia.

A vicerreitora de RRII da UDC, Pilar García de la Torre, asistiu á presentación dos traballos dos alumnos e a reunións cos responsables da ENSACF e a OYH, nas que se avanzou sobre a renovación do Convenio IACOBUS.