RAGBA: Acto de ingreso como académico de honra do arquitecto Siza Vieira

 

Acto de ingreso como académico de honra da RAGBA, Real Academia Galega de Belas Artes, do arquitecto portugués Álvaro Siza Vieira quen fará a presentación e comentario ao seu proxecto para o pavillón do Instituto Berggruen dos Ánxeles (EUA):  inicio dun proxecto, os instrumentos de traballo dun arquitecto.

O discurso de contestación correrá a cargo do ex director da ETSAC e académico numerario, profesor Xosé Manuel Casabella.

Data: sábado 25 de marzo de 2017, ás 12:30

Lugar: Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Máis información: http://www.academiagallegabellasartes.org/galego/index.asp