Comunícase que desde hoxe e até o próximo xoves 9 de marzo ás 14 h, está aberta a aplicación para solicitar o uso dunha parcela nas hortas urbanas da UDC en Elviña.
Poden facer as solicitudes estudantes, PAS e PDI.
Máis información na web:
https://www.udc.es/sociedade/medio_ambiente/hortas/convocatoria.html
Oficina de Medio Ambiente – Universidade da Coruña