O proxecto KAYA CLÍNICA convoca bolsas para a realización do TFG en Mozambique

 

Realización dun practicum nun barrio informal de Maputo (Mozambique) enfocado ao coñecemento da realidade do slum ou á implementación de melloras habitacionais.

Profesor titor: Plácido Lizancos. Número de prazas: un máximo de tres.

Antecedentes:  Na cidade subsahariana ata un 85% da poboación vive en barrios informais, onde a calidade do hábitat é de grande precariedade. Ante o fracaso de tódalas accións oficiais que pretenden mellorar a situación, un grupo de Investigadores da Universidade da Coruña pertencente ás Escolas de Arquitectura, Camiños, Arquitectura Técnica e á propia Oficina de Cooperación e Voluntariado xunto coa súa contraparte na Universidade Eduardo Mondlane (UEM) de Maputo deseñan unha acción novidosa. Parte do recoñecemento da capacidade de acción dos propios residentes dos barrios á hora de construír o seu propio hábitat, ofertándolle o único do que non dispoñen: asistencia técnica.

Actividades a e obxectivos: O estudantado da UDC integrarase nas equipas de traballo xa existentes en Maputo, para realizar os labores que alí se desenvolven. A estancia mínima requirida será dun mes e a máxima de dous. A persoa desprazada a terreo realizará visitas de recoñecemento aos edificios ou espazos urbanos en necesidade de intervención, o seu levantamento gráfico, estudo técnico e no seu caso, a elaboración dunha proposta arquitectónica que dea resposta ás necesidades do usuario.

As actividades de campo realizaranse no momento que o estudantado escolla dentro do período de xullo a 4 de novembro.

Os estudantes participantes neste TFG accederán á convocatoria das bolsas PCR https://www.udc.gal/actualidade/eventos/2017/02/ocv.html  da Universidade da Coruña e a axudas propias de Kaya Clínica.

As persoas interesadas ou requirentes de maior información escribiran á maior brevidade a: placido.lizancos@udc.gal