Curso de depuración autónoma de augas residuais. Hábitat Social

Curso de depuración autónoma de augas residuais

Dende Hábitat Social (www. habitatsocial.coop), proponse un curso que afonda no tema e achega o coñecemento necesario (principios, tecnoloxías, normativa, custos, etc.) para que proxectistas e usuarios dispoñan das ferramentas suficientes á hora de escoller o sistema idóneo de depuración para unha edificación (ou pequeno grupo delas).

Data e lugar: 26 e 27 de xaneiro, de 16:00 a 20:30 h na Casa da Fariña (Pza. Azcárraga 6, A Coruña)

Imparte: Javier Santiago Díaz, (tp3 Enxeñería Natural)

Prezo: 40 €/30 € tarifa reducida (socias de Espiga, estudantes, pronto pago)

+ información: http://habitatsocial.coop/novas/curso-de-depuracion-autonoma-de-augas-residuais/