A bandeira Green Campus ondea xa no vestíbulo do centro. O xurado nacional de ADEAC fixo a concesión á Escola, o 19 de outubro de 2016.
A bandeira é o recoñecemento ao traballo da ETSAC no programa Green Campus da UDC que abrangue medidas nos eidos de educación ambiental e desenvolvemento sustentable.
O equipo de traballo, dirixido pola subdirectora Amparo Casares, contou coa colaboración de Victoria Otero, secretaria da ETSAC, María Luisa Mongil (PAS), o profesor Jorge Rodríguez e os alumnos, Álvaro Villamil, Carlos Gayoso, Marta Fernández e Fátima Gago.
Os nosos parabéns!