Fallo do concurso micasita para os senteito: relación de finalistas

micasita_1

 

Ás 10,00 horas do 13 de xuño de 2016, na ETSAC, tense reunido o xurado encargado de fallar o concurso de ideas do programa Micasita para os senteito, convocado pola Escola de Arquitectura da Coruña e o Fogar Sor Eusebia.

Os lemas finalistas, por orde alfabético, son:

-A TRAVÉS DEL HOGAR

-J47V

-LEGOBOX

-MI CASA, MI PATIO, MI HUERTO

-RECURSOS

-UNA CASA PARA MANUEL

Ao concurso concorreron 25 propostas. O resultado farase público nunha gala que se celebrará o día 13 de xullo, ás 18:00h, no salón de actos de Afundación no Cantón Grande da Coruña.