CAMPAÑA DE AFORRO DE AUGA NA ETSA
Desde o programa Green-Campus da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica (EUAT) e Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSA), seguindo coa campaña de aforro de auga da Oficina de Medio Ambiente da UDC (OMA), instalouse un sistema de redución de caudal en determinadas billas das dúas facultades.
Colocáronse 12 perlizadores nas plantas -1 e primeira do edificio de departamentos da ETSA. Estes perlizadores permiten ter un consumo de auga de 1,9 litros por minuto, fronte aos 8,6 L/min que se consumían anteriormente. Acádase así unha redución do 78% no gasto de auga nos lavabos.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.