Ciclo de palestras no COAG: disciplinas transversais á arquitectura

coag_1

 

A Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia acolle un ciclo de visións críticas desde disciplinas expresivas transversais ás xentes, os espazos e os lugares. Realizarase un percorrido en torno á individualidade, á savia común que nos reúne, e ao xeito de abordar o sentido do espazo público desde profesións transversais a lugares e individuos. Desde unha mensaxe crítica, pero extensible a un ámeto extra-arquitectónico onde os convidados aportarán exemplos ou textos da súa propia resposta espacial ou temporal, sensible a ese aspecto.

O ciclo, de balde, vaise desenvolver durante os meses de abril e maio. As xornadas inaugúranse o vindeiro martes 12 ás 20.00 hs.

Lugar: Sala de Cultura do COAG A Coruña. Rúa Federico Tapia 62, A Coruña.

 

-INAUGURACIÓN: martes 12 de Abril ás 20.00 hs.

Álvaro Domingues (xeógrafo, Oporto).

-19 de Abril: Paisaxe Transversal.

(urbanismo colaborativo, Madrid).

-26 de Abril: Pepe Galán

(escultor, A Coruña)

-3 de maio: Miguelanxo Prado

(ilustrador/debuxante, A Coruña)

-10 de maio: Ábalo/Alonso

(arquitectos, Santiago de Compostela)

-24 de maio: Xornada de clausura cunha mesa redonda.