Festival Internacional de Arte y Construcción. IFAC 2012

Convocado el evento IFAC2012 (Festival Internacional de Arte y Construcción)

O IFAC 2012 é un proxecto enfocado a 200 mozos do mundo da arquitectura e as artes en xeral de diversas partes de Europa, que convivirán entre os días 2 e 11 de agosto de 2012 en Villarino de los Aires, Salamanca, nun espazo de creación e integración de diferentes artes, onde poderán debater, traballar e intercambiar experiencias, nun contexto de análise e recuperación do mundo rural, establecendo un equilibrio entre o académico, o práctico, o cultural e o social.

IFAC2012 conta coa colaboración e o apoio institucional da Universidade Politécnica de Madrid, a Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, a Deputación de Salamanca e o Concello de Villarino de los Aires.