
Chamada a participantes para o terceiro Joint Graduate Design Project entre a UDC e o HIT, escolas de arquitectura de Harbin (China) e A Coruña. As dúas fases do Joint se celebrarán na Coruña (marzo 2016) e Harbin (maio/xuño 2016).
Esta convocatoria está dirixida aos alumnos de Proxectos de quinto curso da ETSAC. Os alumnos serán baremados segundo o seu expediente académico co obxecto de seleccionar un grupo de 12 alumnos. O profesor Jesús Irisarri será o titor académico deste grupo durante o segundo cuadrimestre.
Presentación de solicitudes na dirección da Escola (Carmen) do 11 ao 15 de xaneiro de 2015, en horario de mañá.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.