Presentación dunha publicación do profesor José Ramón Alonso Pereira

pereira_1

 

Presentación hoxe, ás 19:30h, no colexio de España en París, do libro do profesor da ETSAC José Ramón Alonso Pereira “O París de Le Corbusier”. O acto contará coa presenza do autor e de Arnaud Dercelles, da Fundación Le Corbusier.

Publicado pola editorial Reverté co gallo do cincuentenario da morte do arquitecto, o libro analiza as relacións duais entre a cidade e o arquitecto: a dialéctica entre a cidade real —o París onde vivía— e a cidade ideal —o París abstracto que proxectaba—.

Máis información: http://udccom.blogspot.com.es/2015/12/presentacion-de-el-paris-de-le-corbusier.html