Un traballo sobre a rúa San Andrés máxima nota na Universidade de Palermo

maria_1

 

Maria Chinnici, alumna Erasmus na ETSAC durante o curso 2012-13, ven de obter a  máxima puntuación, 110, no seu traballo de fin de grao na Escola de Arquitectura de Palermo.

O seu traballo ten por obxecto a intervención na rúa coruñesa a través da súa peonalización e foi realizado coa supervisión dos profesores Filippo Schilleci e Xosé Lois Martínez Suárez.

Os nosos parabéns!

Máis información: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2015/11/01/maxima-nota-proyecto-peatonaliza-calle-san-andres/0003_201511H1C4993.htm