Promoción da ETSAC 2010-15: acto de graduación na Maestranza

graduacionetsac_1   O venres 26 de xuño celebrouse no paraninfo da Maestranza a graduación dunha nova promoción da ETSAC, a 2010-15. O acto foi presidido polo reitor da UDC, Xosé Luís Armesto, e polo director da ETSAC, Fernando Agrasar, que estiveron acompañados dos membros do equipo de dirección, Victoria Otero e Evaristo Zas. A promoción 2010-15 contou como padriños cos profesores Mª Jesús Dios e Juan Creus, que leron uns discursos ben aprezados por todos os presentes, así como as intervencións dos representantes dos alumnos: Ángela Fernández Dominguez, Fátima Fidalgo Franco, Elena Salgueiro Alonso e Diego Páez Macías. Máis información: Video da promoción 2010-15 https://drive.google.com/file/d/0B2Y5A3U2xEmRTjJBLTY3OXlyc2s/edit?pli=1   graduacionetsac_2 graduacion_6 graduación_5 graduación_4 graduación_1 graduación_2 graduación_3