Participación da ETSAC na III Xornada Universitaria Galega en Xénero

carreiro

Nutrida participación da ETSAC na III Xornada Universitaria Galega en Xénero. Encabezada polos profesores María Carreiro e Cándido López que presentaron a ponencia: “Parametrizar e sistematizar ou como integrar a perspectiva de xénero no urbanismo”

Dous grupos de alumnos da materia Proxectos 10 presentaron pósters á xornada:

-“Análise urbana dende a perspectiva inclusiva: o caso do parque infantil Puga e Parga da Coruña”: Antía Mosquera, María Muñoz, Silvia Novás e Luna Suárez

-“María Pita e o urbanismo inclusivo”: Diego Páez, Borja Pérez, Silvia Sánchez e Vanesa Souto