Proxección “Tesouro de Corcoesto”. 4 de maio, ás 19 h Salón de Grados Facultade de Socioloxía

Documental “Tesouro de Corcoesto”

Proxección e coloquio: 4 de maio, ás 19h
Salón de grados da Facultade de Socioloxia e Ciencias da Comunicación
Campus de Elviña

A proxección irá acompañada dunha presentación e coloquio a cargo da súa directora, Cora Peña.
“Tesouro de Corcoesto” trata do conflito xurdido en torno ao proxecto de mina de ouro en Corcoesto, un caso que convulsionou á sociedade galega e que colocou a esta pequena localidade bergatiñán no mapa mundial de loitas ambientais.

O documental formula unha ampla investigación, que abrangue temas técnicos, empresariais, económicos e sociais, deténdose, especialmente, nun activismo cidadán que conseguíu o que non se prevía: parar a mina. Polo menos, de momento.
Este documental é unha produción independente, respaldada polo micromecenado de 180 persoas e colectivos a través do crowdfunding.

tesourocorcoesto