Polo tanto, o primeiro prazo para solicitar acollerse á devandita convocatoria no curso 2014/2015 terá lugar do 13 ao 31 de outubro de 2014.
Derradeira convocatoria daquelas materias que non teñen dereito a exame por seren de cursos totalmente extinguidos do Plano de Arquitecto: Prazos para o curso académico 2015-2016
– 17 Setembro, 2015Publicado en: administración, alumnado, avisos
hola, hoy he entrado en la web de la escuela para ver los plazos de matrícula y acabo de darme cuenta que este año se han adelantado un poco y finalizò el plazo este viernes pasado.
estoy en el plan antiguo y apenas me quedan tres asignaturas por acabar.
me gustaría saber si hay manera de formalizar la matrícula fuera de plazo. porque una de las asignaturas que me faltan es de 4′ y este año es el último que hay examen. y creo que entonces tendría que cambiarme de plan.
muchas gracias de antemano.
Boa tarde Rocío: As materias de 4º curso aínda teñen dereito a exame neste curso académico. Non ocorre o mesmo no vindeiro curso, sendo a derradeira convocatoria a única posibilidade para superalas sen cambiar de plano de estudos.
O mellor será que te pases pola administración da ETSAC para estudar o teu caso concreto.
Saúdos
Bos días.
Solicitei nas datas indicadas a derradeira convocatoria neste prazo.
Vexo que esta é a semana da resolución. Agora, ¿cal é o proceso a seguir?
Moitas gracias
Boa tarde David: En efecto esta semana reuniuse a Comisión Docente e informou as solicitudes de alumnado da derradeira convocatoria.
As solicitudes e os informes da Comisión foron trasladados á reitoría, quen emitirá a resolución final á maior brevidade posible.
Para ter información sobre o teu caso concreto, podes pasarte pola administración da ETSAC.
Saúdos.
Moitas gracias pola resposta e a atención.
Eu non resido na Coruña, por iso quería saber se existe outro prazo para formalizar a matrícula da asignatura e saber a data do exame (é o que me comentaron na secretaría, unha vez que pasase polo reitorado).
Se non pásome pola Administración sen problema, pero gustaríame saber se vaise saber (a través da web ou mail) cando emita o reitorado o comunicado para saber cando teño que pasar pola escola.
Moitas gracias e un saúdo