IACOBUS 2014: fallo de premios na OTH de Regensburg (Alemaña)

iacobus_3

A XIX edición do programa IACOBUS-Rehabilitar o Patrimonio Europeo fallouse na OTH Regensburg (Alemaña) o venres 30 de maio.

Nesta edición, os estudantes da materia PROXECTOS 6 traballaron na vila de Thiers, concello cunha gran tradición industrial preto de Clermont-Ferrand. As propostas plantexáronse no entorno dunha antiga fábrica de coitelos, situada sobre o río La Durolle. O seu deseño hidrodinámico e o encontro coa ribeira, ademáis de bautizar a esta peza co nome de Le Paquebot, deron lugar a propostas moi variadas, entre as que destacou, por parte da ETSAC, a de Alberto Campos Baamonde e Daniel Burés Ares que obtivo o Gran Premio Rafael Baltar Iacobus 2014.

Os outros equipos premiados, un por cada Escola, foron:

-Premio ETSAC: Iago Otero Regueira e Silvia Paz Mouriño

-Premio ENSACF: Alexis Sautereau e Pia Riffet

-Premio PTH Regensburg: Waldermar Lechner e Stefan Waldherr

Presentouse o espazo virtual: http://blogiacobus.wordpress.com onde se documentan as experiencias Iacobus, dezanove xa, e que o ano que ven celebrará a súa vixésima edición, co fallo final na ETSAC.

Parabéns aos gañadores e o nos recoñecemento ás tres Escolas.